Закрыть ... [X]

Milladoiro quen puidera namorala

5 versións de... quen poidera namorala...

Unha das lectoras e afiliadas do noso blog, escribíunos para propornos que falásemos sobre poemas galegos musicados.

Tamén nos envióu o enlace dunha páxina onde se poden encotrar un lote deles.

Deixoche o enlace aquí por se queres botarlle un vistazo.

Como nos encantaou que nos escribira… pois hoxe… esta entrada vai por ela!

Moitas grazas Mar…!

 

“O niño novo do vento” de Álvaro Cunqueiro

Hoxe imos falar sobre o poema de Alvaro Cunqueiro “O niño novo do Vento” que está no seu libro “Cantiga Nova que se chama riveira” do ano 1933.

Este libro pertence o neotrobadorismo.

Nel recréanse as cantigas medievais da lírica galego-portuguesa cunha linguaxe renovada.

Este poema é moi coñecido porque foi musicado por moitos artistas.

 

O NIÑO NOVO DO VENTO

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!

 

5 VERSIÓNS DE… quen poidera namorala…

 

5 versións de... quen poidera namorala-Luis Emilio Batallán1#. Luis Emilio Batallán

No seu primeiro disco “Aí ven o Maio”(1975), Luis Emilio Batallán fixo a primeira version musicada deste poema.

A anécdota foi que a fixo sen o permiso de Cunqueiro, que pillou un bo cabreo.

Finalmente acabaron arranxando o asunto.

No 2007 Luis Emilio Batallán volve a regravar a canción para incorporala á banda sonora da película Pradolongo, dirixida por Ignacio Vilar.

Nesta ocasión con acompañamento de gaita e da Orquestra Sinfónica de Galicia, para facela máis cinematográfica.

 

Canción regravada para a película Pradolongo

 

Merca o disco Ahi Ven O Maio

 

 

5 versións de quen poidera namorala-Astarot2#. Astarot

No seu quinto traballo, “O sentir dunha terra”, Astarot fai unha homenaxe á cultura musical galega.

Nel contan con moitas colaboracións como, Suso Vaamonde, Susana Seivane, Mini, Herdeiros da Crus, Fuxan os Ventos…

Esta é a versión máis rocanroleira do poema de Álvaro Cunqueiro.

 

“Quen poidera Namorala” concerto de Astarot na Praza da Quintana

 

Merca o disco O Sentir Dunha Terra

 

 

5 versións de... quen poidera namorala-Milladoiro3#. Milladoiro

No seu disco “A Quinta das Lágrimas”, Milladoiro bota unha mirada as relacións entre Galicia e Portugal.

Nel recrean a historia do amor prohibido entre a galega Dona Inés de Castro e Don Pedro de Portugal.

Neste traballo aparece unha versión do poema de Álvaro Cunqueiro.

 

“Quen Poidera Namorala” Milladoiro no Pazo da Cultura de Pontevedra

 

Mercar o disco A Quinta Das Lágrimas

Merca o disco En Ortiguera

 

 

5 versi´ns de quen poidera namoral-2naFronteira4#. 2naFronteira

Esta versión, cantada en directo no Bâbâ Bar da Coruña, é do dúo 2naFronteira.

Este dúo esta formado pola cantante arraiana Carmen Penim e o pianista italiano Maurizio Polsinelli.

 

En directo no Bâbâ Bar da Coruña

 

 

5 versións de... quen poidera namorala-Abe Rábade Trío5#. Abe Rábade Trío

O disco Versons (2013) de Abe Rábade Trío, é un disco íntegro de versións.

Nel hai dende referentes do jazz, pezas de compositores barrocos ata temas máis achegados a música tradicional galega como “No niño novo do vento”.

 

“No niño novo do vento” – Abe Rábade Trío

 

Merca o disco Versons by Abe Rabade Trio

 

 

UN EXTRA

5 versións de quen poidera namorala-Eladio y los Seres queridosExtra #. Eladio y los Seres Queridos

A última versión da que teño coñecemento é a que está, no recen estreado, Cantares.

Nel, Eladio y los Seres Queridos,  tamén fan unha versión ben fermosa deste poema.

 

Merca o disco Cantares

 

CONTANOS

Cal versión che gusta máis das cinco?

Coñeces algunha outra versión?

Tes unha caixa de comentarios ó final desta páxina.

Anímate!

SUSCRÍBETE

Se che gusta o blog, suscríbete!

Recibirás as novidades no teu correo electrónico.

Poderás participar en promocións e sorteos exclusivos para os suscriptores.

E tamén te podes descargar un cancioneiro coa letra de quince cancións tradicionais e populares galegas.

Suscríbete ó blog
Recibe tódalas novidades

E descárgate gratis o Cancioneiro de Son de Pau

O teu nome
O teu Email

Gratis e 100% libre de spam



Related news

Kirkwood bridal boutique reviews on apidexin
Vilma tarazona donde nacio shakira
Fruit picking new zealand accommodations
Sirano e sirino canta vaquejada download google
Sweethearts of the gridiron netflix queue
Hardware sequencer cirklon forum
Vampire the masquerade bloodlines best ending to smackdown
Maucor distribuidora de lubrificantes ltd accommodations
Dog obedience classes wairarapa accommodation